O luns comeza o asfaltado da estrada de Cabanas, na parroquia de Salcedo

70

O Concello de Pontevedra inicia o luns o asfaltado da estrada de Cabanas, na parroquia de Salcedo, dende o acceso da avenida de Vigo até a rotonda do local de Cabanas.
Segundo informou esta mañá o concelleiro delegado da parroquia, Demetrio Gómez, o orzamento é de 60.000 euros incluídos dentro do millón de euros de investimento da última modificación de crédito aprobada antes do verán.
O necesario asfaltado desta entrada á parroquia de Salcedo e de acceso ao local social de Cabanas, foi consensuada no Consello parroquial de Salcedo, ao igual que o resto de obras e melloras que se van realizar co millón de euros que o Concello investirá neste final de ano nas parroquias do rural pontevedrés.
Ao igual que se está a realizar no centro urbano, o asfaltado do acceso a Cabanas farase nos treitos que se atopen en peor estado.