Pontevedra traslada o seu modelo de cidade aos concellos de Beja e Almada

58

O Concello de Pontevedra estará representada a vindeira semana en sendas xornadas organizadas polos concellos portugueses de Beja e Almada (estes últimos estiveron de visita en Pontevedra recentemete) para coñecer a experiencia da mobilidade urbana en Pontevedra. O Concello estará representado pola concelleira Carme da Silva, e  o intendente principal da Policía Local, Daniel Macenlle.
A primeira das xornadas é a do Concello de Beja, que será o luns, 16 de setembro que leva por título “A acessibilidade e a mobilidade como fatores de desenvolvimento”. Neste caso a delegación pontevedresa participará ás 14.30 horas para falar sobre “Peóns, seguridade e mobilidade urbana”.
O seminario do Concello de Almada será o martes, 17 de setembro, baixo o título “A importância da acessibilidade na requalificaçao dos territórios e na qualidade de vida dos cidadaos”. Neste caso, Carme da Silva e Daniel Macenlle intervirán ás 15.45 horas para presentar a experiencia de Pontevedra tamén no ámbito de peóns, seguridade e mobilidade urbana.

Ver documento PDF
Ver documento PDF