Saída de coñecemento de Patrimonio histórico á cidade de Braga e arredores

57

A Concellaría de Patrimonio Histórico inicia o programa de actividades de outono cunha viaxe a Braga e aos seus arredores que se celebrará o vindeiro 28 de setembro. Nesta visita participarán representantes de asociacións culturais, veciñais e de centros educativos.
O obxectivo da viaxe é coñecer experiencias e iniciativas relacionadas coa conservación e promoción do patrimonio cultural que poidan servir como referencia para o Concello e para as entidades interesadas. 
O programa provisional da viaxe é o seguinte:

• 9h. Saída de Pontevedra desde o estacionamento do bus turístico da rúa Alameda

• 11 a 14 horas. Visita a Itinerario arqueolóxico urbano de Braga (Fonte do Ídolo, Termas romanas, Museo Regional de Arqueoloxía) acompañados por guías locais.

• 14.30 a 16 h. Xantar

• 17 a 18 h. Visita ao Centro de Interpretación do carballo de Calvos en Póvoa de Lanhoso

• 19 h. Visita á Área de Paisaxe Protexida das Lagoas de Bertiandos en Ponte de Lima

• 20.30 h. Volta a Pontevedra.

As persoas interesadas deberán inscribirse ben directamente no concello (Michelena,30-3º andar) en horario de mañá ou por medio do correo electrónico patrimoniocultural@pontevedra.eu. O prazo de inscrición estará aberto desde o luns 16 ao venres 20 de setembro.

No caso de inscrición por correo electrónico, haberá que achegar os seguintes datos de todas as persoas solicitantes de praza:
    -Nome e apelidos
    -Enderezo
    -Teléfono de contacto (no caso de enviar solicitude de inscrición de varias persoas, debe achegarse o teléfono de cada unha)
    -Asociación á que pertence (de ser o caso)
    -Outra información de utilidade (opcional): razóns polas que desexa participar na actividade, relación da actividade co seu ámbito profesional,…

Centro ambiental Carvalho de Calvos, Póvoa de Lanhoso

O Centro Ambiental da Póvoa de Lanhoso está localizado na parroquia de Calvos, terra natal de Gonçalo Sampaio (ilustre botánico e etnógrafo) a cerca de 3 km do centro da Vila da Póvoa de Lanhoso. Trátase duna infraestrutura que conta con un Gabinete Técnico de apoio ao Bioagricultor, un Gabinete Técnico Florestal de apoio ao monte e un Gabinete técnico de apoio á Agenda XXI. Constitue un punto de referencia de educación e sensibilización ambiental proxectado para todas as idades.
Ademais do centro, pódese gozar dos seus arredores de 31.000 metros cadrados adicados á agricultura ecolóxica, equipado cun xardín orgánico espazo para plantas aromáticas e medicinais. No exterior tamén está o maxestuoso Carvalho de Calvos, duns 100 anos e tamaño inusual, clasificado como árbore de interese público no ano 1997.
Este parque está pensado para a comunidade escolar, tamén para colectivos que poidan desenvolver accións de interese académico ou para  a poboación en xeral. Estas accións pretenden transmitir aos cidadáns un uso máis responsábel e eficientes dos recursos do medio ambiente, co propósito de chegar ao desenvolvemento sostible, que garante a capacidade de resposición e rexeneración dos recursos naturais, o mantemento da biodiversidade, a calidade do aire, auga e do solo, mentres a perservación da saúde e a calidade de vida.
Área de Paisagem Protegida das Lagoas de Bertiandos e S. Pedro de Arcos
Situadas a 4 km da sede do concello, as Lagoas de Bertiandos e S. Pedro de Arcos (LBSPA) esténdense polas parroquias de Bertiandos, S. Pedro de Arcos, Estorãos, Moreira do Lima, Sá e Fontão. Cunha área total de 350 hectáreas, encaixadas nun ambiente deslumbrante polas máis diversas especies de vexetación, pastos naturais e zonas de leiras, as LBSPA son o espello da elegancia  e a frescura que só a agua consegue transmitir.
Dispón dun Centro de Interpretación Ambiental que é o punto de partida ideal para o quen quere saber todo sobre as principais características e valores desta área protexida e zona húmida de importancia internacional. Ofrece unha granxa pedagóxica con núcleos de producción animal e vexetal, un parque florestal e piscinas ao aire libre. Dipondo de varios recursos – da Lagoa, das Tapadas, do Rio, das Veigas, da Água e do Rio Lima – e rutas – do Solar, do Cruzeiro e da Azenha – que poden ser exploradas a pe ou en bicicleta, o difícil é escoller.