“Xira Senlleira” de Os da Ría

79

Lugar: Teatro Principal

Hora. 21 h.

Prezo: 10 € | 8 € para estudantes, parados e xubilados. Entradas á venda en www.servinova.com

“Desposis de ans e ans espedíndose de os esairos, Arturito e Fabiá, os divos da canción liviá galegueira coñecidos por grandes fimnos douro (himnodouros) como Infanta Elena, Chinchín polo borrachín do Pueblo ou Caramba que guapa estás, Galicia, anunciaban o seu regreso aos esceairos baixo o pretéstolo de empresentar o Disco Díscolo. Un encompilatorio de todos os grandes xites con os que compunxiron a banda soora de as vidas de os galegos e as galegas”.

“Xira Senlleira” de Os da Ría é un espectáculo musical fronteirizo, cheo de humor, de crítica intelixente e de bos pretextos para o baile e para a diversión. Toda a forza dunha banda formada por músicos do máis solvente do contexto galego como Suso Alonso, Roi Fernández, Rmón Rúa, Xabier Olite, ao servizo do humor irreverentes e ás veces surrealista de dous personaxes que representan o peor de nós mesmos: Arturito Puy (Carlos Meixide) e Fabián Santomé (Tomás Lijó), e que nunca, iso podemos garantilo, nunca deixan indiferente a quen os ve.