Concerto de Luis Emilio Batallán

40

Lugar: Teatro Principal

Hora: 21 h.

Prezo: 10 € | 9 € con carné xove e para maiores de 65 anos | 8 € para familias numerosas. Entradas á venda no 902 504 500 e en www.servinova.com

Concerto a cargo do compositor, músico e cantautor Luis Emilio Batallán. Autor dun dos discos máis notables da música galega de todos os tempos “Aí ven o maio”, publicado en 1975, Batallán sorprendeu a tirios e troianos coa súa revisión musical de poemas de Celso Emilio Ferreiro, Cunqueiro, Curros e Rosalía.

Para algúns entendidos, ese disco está máis preto da música pop ca da canción de autor.

Luis Emilio Batallán volve á primeira liña da música galega cunha serie de recitais que alternará co traballo de preparación do que será, en outono, o seu novo traballo discográfico.