Ponteatro. Os xoves, bótalle teatro á vida

44

Ciclo de teatro “Ponteatro” organizado polo Concello de Pontevedra.

Lugar: Teatro Principal e Pazo da Cultura.

Hora:21 h.

Prezo por función: 8 € | 4 € para estudantes, parados e xubilados.

Abono para todas as funcións: 42 €. Abono para todas as funcións estudantes, parados e xubilados: 28 €.

A todos os prezos hai que lle sumar os gastos de tramitación: venda telefónica 0,95 € e venda por internet: 0,80 €.

As entradas ou abonos de prezo reducido pódense comprar por medios telemáticos, pero só se poden retirar na billeteira acreditando a condición de beneficiario.

Entradas á venda no 902 504 500 e en www.servinova.com

Programa:

Xoves 17 de outubro > O Método Grönholm. Talía Teatro. Teatro Principal.

Xoves 24 de outubro > Eurozone. Grupo Chévere. Auditorio do Pazo da Cultura.

Xoves 7 de novembro > O home almofada. Ilmaquinario Teatro. Teatro Principal.

Xoves 21 de novembro > Anxeliños. Espello Cóncavo. Teatro Principal.

Xoves 28 de novembro > Tokio3. Voadora. Auditorio do Pazo da Cultura.

Xoves 12 de decembro > As pombas de Carboeiro. Fantoches Baj & Banda de Música de Pontevedra. Teatro Principal.

Xoves 19 de decembro > Currículum Vitae. Redrum Producciones. Teatro Principal.

+info. en www.pazodacultura.org