Ponteatro: “Tokio3”, de Voadora

65

Lugar: Auditorio do Pazo da Cultura

Hora: 21 h.

Ciclo de teatro “Ponteatro”. Representación da obra "Tokio3", de Voadora.

A cidade de Tokio medrou ata quedar atrapada entre o mar e a montaña. Comezou entón a se expandir cara arriba. Pero chegou un tempo no que os rañaceos tamén esgotaron a cidade vertical. Tokio seguiu a medrar, esta vez cara abaixo. Esta nova cidade chámase Tokio3.

Prezo: 8,00 € – Estudantes, parados e xubilados: 4,00 €. A todos os prezos hai que lle sumar os gastos de tramitación: Venda telefónica 0,95 € – Venda por internet: 0,80 €.

Abono para todas as funcións: 42 €. Abono para todas as funcións estudantes, parados e xubilados: 28 €.

As entradas ou abonos de prezo reducido pódense comprar por medios telemáticos, pero só se poden retirar na billeteira acreditando a condición de beneficiario.

Entradas á venda no 902 504 500 e en www.servinova.com