Adxudicado o lote de catro cabalos á única persoa que se presentou

55

O Concello de Pontevedra adxudicou esta mañá o lote de catro cabalos (tres eguas e un poldro) capturados a primeiros de mes no lugar de Armada, da parroquia de Salcedo. Foi adxudicado á única persoa que se presentou (un segundo chegou tarde á poxa) e polo prezo de saída de 70 euros.
Na subasta estivo presente o concelleiro responsábel de Sanidade Animal, Miguel Filgueira quen explicou que os animais foron capturados polos veciños do lugar dado que estaban a causar danos nos cultivos, e avisaron á autoridade municipal.
A Concellaría publicou un bando para tratar de localizar aos donos dos cabalos que non presentaban ningún tipo de sinal. A pesares dos intentos, non se conseguiu información algunha, polo que esta mañá se celebrou a poxa no edificio municipal de Churruchaos.