Case 400.000 euros en melloras de vías do rural

61

A Xunta de Goberno aprobou esta mañá a adxudicación á empresa E.C.Casas o acondicionamento exterior do Campo de fútbol de Marcón, así como o acondicionamento do camiño de Valeo, na parroquia de Cerponzóns por valor de 223.000 euros. Neste lugar instalaranse medidas de seguranza viaria e acondicionaranse os noiros do camiño.

Tamén se adxudicou a mellora do camiño de Soutonovo, na parroquia de Campañó, por valor de 174.000 euros á empresa Covsa, que ofertou como melloras 930 metros cadrados máis de asfaltado.

Por outro lado, a Xunta de Goberno acordou incautar a fianza á empresa Hidroscivil pola execución da avenida de Marín, PO-12. O Concello reclámalle ao avalista (ao seguro) un importe de 125.980,95 euros, pola mala execución do paseo de Marín, especialmente polos evidentes problemas dos pasos de peóns (18 lombos) e por outros  problemas menores que obrigará a fresar e reasfaltar nalgúns puntos.