Lugar: Teatro Principal
Hora: 21 h.
Dos coros africanos aos ritmos ska, do blues á pachanga, de Aretha a Janis, da Habana a Budapest… Sés é unha descarga de ritmos e sons cun denominadoe común: as boas vibracións.
Unha banda de dez músicos de corte americano, con sección de vento e coros, un feixe de temas orixinais cantados en galego e unha vocalista que canaliza toda a enerxía do escenario: Maria Xosé Silvar, autora de todas as cancións, lidera Sés cun torrente de voz imposible, espontáneo e cheo de eclecticismo.
Na súa formación reducida estará caompañada por Tito Calvo á guitarra, Miguel Queixas á batería e Octavio Vargas ao baixo.