Mañá comezan os traballos previos á peonalización de Benito Corbal

71

O Concello de Pontevedra inicia mañá os traballos previos á obra de Benito Corbal traballando nas confluencias das rúas Blanco Porto con Cruz Gallástegui e Daniel de la Sota con Castelao.
Mañá está previsto a instalación do punto de obra, os valados e os operarios comezarán a levantar pavimentos e beirarrúas necesarios para poder cambiar de sentido as rúas.
Tal e como informara o concelleiro delegado da área urbana, Luís Bará os traballos de Benito Corbal comezarán obrando previamente nestas confluencias eliminando parte das beirarrúas e zonas almenadas para poder cambiar as direccións de tráfico en Cruz Gallástegui e Castelao, como consecuencia da peonalización de Benito Corbal.
Hai que lembrar que, nunha primeira fase, está previsto que coa peonalización se cambie o sentido do tráfico nas rúas Cruz Gallástegui e Castelao. Finalmente, é intención do Goberno Local atender as peticións dos comerciantes e residentes destas rúas para ampliar a peonalización para o vindeiro ano.
Seguindo o calendario anunciado polo concelleiro Luís Bará, os traballos de peonalización e peche ao tráfico de Benito Corbal non comezarán até a semana do 1 de outubro. E o compromiso do Goberno, é que a obra estea rematada para a campaña de Nadal.
Para que este peche pódase facer sen especiais incidencias, xa están avisados os taxistas que trasladarán a súa parada para as rúas Daniel de la Sota e Castelao; a parada do autobús escolar que se trasladou para a praza de Galicia; e a parada do autobús a Monte Porreiro, que deixará esta zona da cidade para trasladarse cara Doce de novembro e José Malvar.