O Concello abrirá en outubro o novo espazo verde de Valentín García Escudero

67

O alcalde e o concelleiro de Patrimonio Histórico, Luís Bará visitaron esta mañá os traballos de soterramento e recuperación urbana da praza de Valentín García Escudero, que estarán rematados no mes de outubro. O alcalde explicou que esta intervención de máis de 200.000 euros está deixando operativos 1.500 metros cadrados da excavación, e os outros 500 metros restantes están pendentes de realizar máis traballos de consolidación e conservación.
Na superficie tratada habilitaranse espazos verdes, camiños para facer máis permeable a zona, mellorase a conexión do Camiño de Santiago e instalarase un parque infantil. Todo elo redundará na necesidade de dinamización da zona norte do centro histórico, a menos dinámica.
O alcalde lembrou que a praza de Valentín García Escudero é o quilómetro cero da cidade, “porque aquí están os miliarios da vía XIX, o porto medieval mellor conservado da península ibérica, e é un atractivo e un activo para esta zona do centro histórico e para toda a cidade”. A Concellaría continuará a traballar con proxectos de consolidación e conservación dos achados, e sopesa a posibilidade de poder baixar a contemplar os arcos 15 e 14 da ponte romana do Burgo.
Na actuación de Valentín García Escudero, o Concello recuperou 1.500 metros cadrados para uso público, dos cales 130 metros serán para un parque infantil. O espazo do xacemento arqueolóxico ao descuberto é de 400 metros cadrados. O investimento total foi de 204.000 euros.
O obxectivo da actuación era recuperar e dignificar un espazo público urbano que non estaba nas mellores condicións coa recuperación, limpeza e coidado tratando de contribuír a dinamizar esta zona. Tamén era preciso conxugar o seu valor como espazo histórico, xunto a un espazo de convivencia e relación social.
A obra desenvolveuse nas seguintes fases:

FASE 1: 84.000 EUROS (4mpresas diferentes) Maio-xullo 2013
Soterramento: 60.411 (Eiriña)
Levantamento con tecnoloxía laser scanner do conxunto arqueolóxico: 9.801 (Enmacosa)
Arqueoloxía: 7.487 (Citania)
Conservación e restauración: 6.674 (Tomos)

-SEGUNDA FASE: 60.000 (Eiriña)
Agosto-setembro 2013
Axardinamento
Camiños peonis
Acceso a parada bus
Valado exterior

-TERCEIRA FASE: PARQUE INFANTIL: 59.983 (Lappset)
Barco de pesca
Homenaxe ás xentes do mar de Pontevedra
Relación co espazo (peirao, tradición mariñeira da Moureira)

PARQUE INFANTIL

Barco de pesca
Peche exterior de valado de protección
Medidas:  ancho 8,4
   Longo: 8.9
   Alto: 7,1
2 tobogáns
2 estruturas de trepa
escaleira de barras
ponte túnel
prismáticos, timón, 2 áncoras
13 paneis de xogos manuais
mastro con cordas