O Concello asume con fondos propios parte dos pagos do proxecto de Acuaes

57

A Xunta de Goberno Local aprobou esta mañá un expediente de modificación de crédito de 425.333,32 euros para achegar ao convenio asinado coa empresa pública Acuaes (antiga Acuanorte) para a mellora do abastecemento de auga potábel de Pontevedra e a súa ría. O portavoz do Goberno, Raimundo González expicou que este proxecto está financiado nun 70% por fondos europeos, e o 30% restante teñenno que achegar os concellos participantes en distintas porcantaxes, en función dos traballos e melloras que se faga en cada municipio.

Pontevedra deberá achegar a este convenio uns 4 millóns de euros, dos cales, a metade son financiados cun crédito a quince anos que solicita a propia Acuaes para os concellos. O 50% restante (outros dous millóns) será financiado polo Concello con fondos propios, dado que os créditos que se ofertaban ao Concello eran superiores ao 5%.

A modificación de crédito aprobada esta mañá é para cubrir a anualidade de 2012 e 2013 por valor de 42.343,37 e  382.989,95, respectivamente. Nas seguintes anualidades a achega municipal será a seguinte:

2014: 957.000 euros

2015: 532.000 euros.