Roteiros, exposicións, programas de radio entre a oferta de Normalización aos coles

72

A Concellaría de Normalización Lingüística mantivo onte pola tarde unha reunión cos equipos de normalización dos centros de ensino do concello para presentarlles a oferta de actividades que a Concellaría programou para este curso escolar 2013/2014.
Á reunión asistiron a práctica maioría dos centros de ensino do concello e estivo coordinada polo concelleiro de Normalización, Demetrio Gómez.
No encontro a Concellaría ofertoulles exposicións en préstamo, roteiros pola cidade para dinamizar o uso do galego, o programa “Dálle á lingua” en colaboración con Onda Cero Radio; coñecer o proxecto Chamámonos así a través do web e blog do proxecto de topominía nas parroquias; o Club de Debate para dinamiza o uso da lingua galega na mocidade e pensado para alumnos de 4º da ESO, Bacharelato e ciclos; os obradoiros Ops!; ou materiais e recursos como o CD Illarte na natureza, a publicación sobre Xoán Manuel Pintos…
Ademais do material e dos recursos do Concello, na reunión tamén se puxeron a disposición os diferentes traballos realizados por cada un dos centros porque poden ser útiles nos colexios (exposicións sobre Vidal Bolaño, Uxío Novoneyra e María Mariño do Carlos Oroza; unha exposición sobre instrumentos musicais do CEIP Parada Campañó; unhas xornadas de ornitoloxía etc.).
A Concellaría de Normalización Lingüística agradece o esforzo de todos os profesores que participaron na xuntanza fóra do seu horario laboral, co único obxectivo de mellorar a calidade do ensino.

 

Ver documento PDF