“Trío de Ases”, de Expresión Produccións

83

Lugar:Teatro Principal.

Hora. 18:30 h.

Expresión Produccións porá en escea a obra "Trío de Ases". Tres personaxes diferentes… con tres personalidades distintas… que coa axuda de todo o público, serán os encargados de facernos pasar momentos moi; divertidos, intensos, aloucados, máxicos, extraordinarios, romanticos, cómicos, misteriosos, sensibles, irrepetibles e sobre todo sorprendentes!

"Trío de Ases" é un espectáculo terapéutico moi peculiar.Totalmente recomendado para renovar a enerxía positiva perdida durante o día, coa risa e a ilusión como pócima máxica para cumprir este propósito. Preparadados para o tratamento? Un, dous…tres!