Xerardo Moscoso en Pontevedra

36

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores recibiu esta mañá ao cantautor Xerardo Moscoso, vinculado ao nacemento de Voces ceibes, que se atopa de visita particular en Galiza, pero que se achegou até o Concello de Pontevedra para saludar ao alcalde, con quen xa estivo no ano 2007.

Na actualidade funcionario do estado mexicano de Coahulia, segue a traballar na súa faceta de dramaturgo coa obra Lígazon, de Valle-Inclán, na que introduce a figura da Santa Compaña.

Séguese declarando antisistema "con máis razón ca nunca".