“Mundo futuro”. Ciclo de cine “Outros mundos”

74

Lugar: Casa das Campás. Rúa Don Filiberto 9-11.

Proxección do filme “Mundo futuro” (Things to Come, 1936), dirixido por William Cameron Menzies con guion de H.G. Wells, basada na súa novela “A forma do que virá”.

A metade dos anos trinta, a Segunda Guerra Mundial non estalou aínda, pero parece sentirse no aire que se respira. Cando chegue, acontecemento inexorable para os futurólogos, supoñerá unha conmoción que dará orixe a un futuro de desastres no que se impoñerá como única forma de goberno a máis feroz das ditaduras.

Ciclo de cine “Outros mundos”, coordinado por Suso Novás. +info. en www.casadascampas.uvigo.es