“O Bosque”. Ciclo de cine “Outros mundos”

77

Lugar: Casa das Campás. Rúa Don Filiberto 9-11.

Hora: de 19 a 22 h.

Proxección do filme “O Bosque” (The Village, 2004), dirixido por M. Night Shyamalan e protagonizada por Joaquin Phoenix, Adrien Brody, Bryce Dallas Howard, William Hurt e Sigourney Weaver, entre outros.

Os veciños dunha pequena poboación rural de Pennsylvania viven atemorizados por culpa duns estraños seres que habitan nos bosques circundantes. Saben perfectamente que para salvarse deben cumprir escrupulosamente certas regras: evitar que vexan a cor vermella porque os atrae, manterse afastados do bosque, onde esperan acazapados a chegada de alguén, e obedecer a campá de alerta, que indica que se achegan á aldea.

Ciclo de cine “Outros mundos”, coordinado por Suso Novás. +info. en www.casadascampas.uvigo.es