“The Beauty and the Best”. O musical

63

Lugar: Centro Social Novacaixagalicia. Rúa Augusto González Besada, 2.

Hora: 18 h.

Queres converterte en actor por unha tarde? Queres practicar o teu inglés en familia?.

Este espectáculo infantil conta a historia da Bela e a Besta, máis desta volta en inglés. Unha montaxe interactiva para formar aos máis pequenos.

A obra conta con proxeccións audiovisuais, así como música e libreto orixinais. O contido é rigorosamente educacional polo que se combina entretemento con aprendizaxe.

O nivel desta obra é a partir de 10 anos e para toda a familia.

Prezo: dende 10 €. Entradas á venda no 902 504 500 e en www.servinova.com