Obradoiros do Campus de Pontevedra

69

Obradoiros organizados pola Universidade de Vigo no Campus de Pontevedra. +info. na Casa das Campás (Rúa Don Filiberto 9-11), no teléfono 986 802 080 e en www.campuspontevedra.uvigo.es

Os talleres escolares como espazos de sensibilización > Que é a diversidade funcional. Dotar ao alumnado das ferramenteas necesarias para atender, dun xeito eficaz, os/as alumnos/as que presenten discapacidade visual. Datas: 19, 26 de setembro e 3 de outubro. Horas: 10 (convalidables para créditos ECTS). Prezo: 30 €. Prazas: 20. Lugar: Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte.

Cine documental de personaxe: da idea á montaxe final > Coñecer as principais correntes estilísticas relacionadas co documental retrato de personaxe: observacional, entrevista, performativo, experimental… Datas: do 7 ao 10 de outubro, de 16 a 21 h. Horas: 20. Créditos: 1 LE. Prezo: 40 €. Prazas: 30. Lugar: Casa das Campás.

Como buscar e xestionar a información. Os recursos da Biblioteca Universitaria > Adquirir habilidades na busca, avaliación e comunicación da información., Identificar as necesidades de información. Coñecer e manexar os xestores bibliográficos. Datas: 8, 10, 15, 17, 22 e 24 de outubro, de 15:30 a 17:30 h. Horas: 20 (12 presenciais e 8 por teleformación). Créditos: 1 LE. Prezo: gratuíto. Prazas: 20. Lugar: Escola de Enxeñaría Forestal.

Fotografía publicitaria e de moda > Coñecer a producción fotográfica na puiblicidade. Datas: do 7 ao 10 de outubro, de 16 a 21 h. Horas: 20. Créditos: 1LE. Prezo: 60 €. Prazas: 20. Lugar de celebración: Aula de foto e plató de cine da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación.

Publicidade e consumo: do engano ao delicto publicitario pola vía da creatividade > Dar a coñecer os riscos da publicidade ilícita así como o traballo científico que se leva a cabo na Universidade por unha comunicación ética e responsable. Datas: 6 e 7 de novembro, de 9 a 14 h. e de 16:30 a 21:30 h. Horas: 20. Prazas: 30. Lugar: Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación.

Comunicación, corpo e arte: unha mirada interdisciplinar sobre o proceso de creación > A comunicación interpersoal como proceso: estilos persoais, conductas, estratexias e habilidades sociais. Experimentar o proceso creativo como fonte de expresión, liberación e elaboración do potencial humano. Datas: 13, 14, 15, 18 e 19 de novembro, de 10 a 14 h. Horas: 21. Créditos: 1 LE. Prezo: 30 €. Prazas: 18. Lugar : Casa das Campás.
 

Ver documento PDF