Celebración do Día da Biblioteca

95

Lugar: Sala infantil da Biblioteca Pública de Pontevedra. Rúa Alfonso XIII, 3.

Hora: 18 h.

Entrada de balde, ata completar aforo.

Contacontos “Os Contos favoritos de Lonxedetodo”, a cargo de Trinketrinke Teatro. Historias sobre as aventuras dos ratos da biblioteca, que proceden dun lugar chamado Lonxedetodo, onde os libros e a lectura ocupan un lugar sobranceiro na vida da comunidades.

Destinado a nen@s a partir de 3 anos.

Esta sesión de contacontos ven acompañada dunha exposición bibliográfica (do 24 de outubro ao 30 de novembro) na sala infantil que contén: contos para nenos de 5 a 8 anos, os contos preferidos dos ratos de Lonxedetodo e contos relacionados co mundo das bibliotecas e a lectura.