Lugar: Auditorio do Pazo da Cultura
Domingo 20 de outubro > ás 18:30 h. Prezo: 5 € e 3 € para estudantes, parados e xubilados (+ gastos de tramitación). Entradas á venda en www.servinova.com
Luns 21 de outubro > Coordinado con colexios.
A Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra e a Compañía Butterfly Ensemble interpretarán un amplo repertorio operístico a través da historia de Micaela, a muller barbuda do circo; nel limpa a pista, dá de comer aos elefantes, cociña para os artistas e baila para que o público se ria dela… Con axuda de Pierrot marchará do circo e coñecerá a Figaro, un barbeiro tolo que dará a Micaela confianza nela mesma. Organizado pola Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra.