O Consello parroquial de Salcedo dá o visto bo ao novo proxecto de Local Social

70

O Consello Parroquial de Salcedo aceptou onte as reformas propostas polos arquitectos que introducen novidades dentro do proxecto do Local social da parroquia. Salvo a plataforma pola Casa da Cultura e a Banda de música de Salcedo, todos os colectivos representados deron o visto bo a este proxecto, de tal xeito que o concelleiro responsábel da parroquia, Demetrio Gómez acordou continuar a tramitación do proxecto.

O proxecto cambia o escenario de sitio e a platea amplíaa, no caso de ser necesario, máis aló do propio edificio podendo sacala ao exterior. 

As zonas que non precisan luz (sala de máquinas) colócanse cara a tapia do cemiterio e as aulas ábrense cara a zona axardinada.

O concelleiro Demetrio Gómez asegurou que  se rematará o proxecto, sacarase a contratación para poder iniciar canto antes os traballos. Está previsto un investimento duns 500.000 ou 600.000 euros.

Ver documento PDF
Ver documento PDF