A Xunta sube un 160% a recaudación por saneamento en Pontevedra

68

O concelleiro delegado do ciclo da auga e responsábel de Economía e Facenda, Raimundo González informou esta mañá que o Concello transferirá á Xunta de Galicia 2.321.000 euros en concepto de canon de saneamento e coeficiente de verquido do ano 2012. Esta contía supón un 160% máis que o Concello recaudaba para a Xunta (a través de Aquagest no recibo da auga e do lixo) no ano 2011 cando a transferencia foi de 894.000 euros.

Raimundo González explicou que a carga impositiva da Xunta de Galicia sobre os contribuíntes de Pontevedra é especialmente gravosa nesta situación de crise.