Comeza a restauración da estatua de Colón

80

A Concellaría de Patrimonio Histórico iniciou hoxe os traballos de restauración da estatua de Colón situada nas Palmeiras. O concelleiro responsábel, Luís Bará acompañado de Cristina Montojo, responsábel do departamento de escultura da Escola de Restauración de Pontevedra, e Rosa Benavides, da empresa Tomos encargada da restauración da escultura visitaron estes primeiros traballos.

Está previsto que o proceso leve arredor de dous meses porque "é longo, delicado e minucioso". Rosa Benavides explicou que a escultura está en bastante mal estado a pesares de non ser moi antigo. Débese ao atoparse nun clima marino e chuvioso. Aínda que a estatua está pensada para esta a intemperie, o mármore non soporta moi ben estes ambientes.

O principal problema é a colonización de fungos e líquenes. Ademais de retiralos, daráselles un tratamento para evitar que volvan xurdir tan rapidamente. Tamén se lle colocará a man recuperada, pero os expertos resaltaron que non son os únicos elementos da estatua que faltan.