O Concello inicia o arranxo do cemiterio de Lourizán

63

A concelleira delegada de cemiterios, Carmen Fouces visitou esta mañá os traballos de mellora do cemiterio parroquial de Lourizán, no que o Concello está a investir 17.000 euros para mellorar unha das rúas do cemiterio que presentaba importantes problemas de accesibilidade e tamén de recollida de augas pluviais.
O proxecto consiste en levantar todo o pavimento da rúa do cemiterio
que se atopa en moi mal estado e con moitos desniveis. Tratando de equilibrar as cotas da rúa e dos propios panteóns, reporase todo o firme, instalarase unha varanda de aceiro inoxidable e tamén se fará unha mellor canalización das augas pluviais dentro desta rúa.

O investimento é de 17.000 euros, que se ven a sumar a outras pequenas actuacións que a concellaría xa realizou no cemiterio de Lourizán, como o picado do firme doutra das rúas nas que se esvaraba coas chuvias.

Este proxecto é unha demanda moi importante dos veciños de Lourizán, abordada no Consello parroquial e que se resolverá en poucos días.