Reunión de Bará cos veciños de Benito Corbal

64

O concelleiro Luís Bará manterá o vindeiro luns, 30 de setembro, unha reunión cos veciños e comerciantes de Benito Corbal, ás 20.00 horas no colexio Álvarez Limeses. O propósito é informarlles da obra de peonalización e como se irán desenvolvendo os traballos. Pretende resolver dúbidas ou suxestións dos veciños.

Tamén está previsto que se reúna proximamente cos veciños de comerciantes de Cruz Gallástegui e Castelao polos proxectos de peonalización previstos, tamén, para estas rúas.