Sae a luz a estrutura orixinaria de Sesmero do lucernario do Concello

51

As obras de restauración da Casa Consistorial permitiron descubrir estas semanas a estrutura orixinal do lucernario proxectado por Sesmero para este edificio. Estaba sobre a cristaleira de La Belga, datada dos anos 50, e tapada por unhas uralitas. Este descubrimento, toda unha sorpresa para os técnicos municipais que fan o seguimento destes traballos, permitirá variar a intención inicial do proxecto que pretendía volver colocar a cristalera.

Agora é intención do Goberno e dos técnicos deixar á vista a estrutura orixinaria de primeiros do século XIX que dá moita máis luz as escaleiras principais do Concello. A cristaleira está prefectamente copiada e recollida, e empregarase para instalarse noutro espazo municipal.