Valentín García Escudero e Santa María terán coidados semanais

44

A obra de posta en valor e soterramento de parte dos achados arqueolóxicos de Valentín García Escudero estará rematada a mediados de outubro. Así o anunciou hoxe o concelleiro de Patrimonio Histórico, Luís Bará quen informou de que haberá un traballo semanal de limpeza e conservación do xacemento. Farase todos os luns tanto no xacemento de Valentín García Escudero como en Santa María.

Tamén continuarán os traballos de consolidación de parte das estruturas do xacemento, porque aínda non están estables.

O Concello tamén está a negociar con Fenosa o traslado do centro de transformación situado próximo á antiga parcela do Colexio de arquitectos. O propósito é situala soterrada fronte as instalacións do centro de drogodependencias.