Visita ás obras previas de Benito Corbal

39

O concelleiro delegado da área urbana, Luís Bará visitou esta mañá as obras previas á peonalización de Benito Corba. Os traballos comezaron na rúa Daniel de la Sota con Castelao para habilitar unha zona de parada de taxis (para dar acollida a uns 9 taxis na beirarrúa de Chacón) e na outra beirarrúa de servizos. Unha vez rematado neste punto, os traballos continuarán por Castelao con Sagasta e Cruz Gallástegu con Branco Porto.

As obras de peonalización, propiamente ditas, comezarán en dúas semanas no cruzamento de Benito Corban con Sagasta e irán cara Daniel de la Sota. Luís Bará garantiu esta mañá que os traballos facilitarán a entrada e saída dos servizos, da carga e descarga e tamén dos residentes. De feito, os peches iranse producindo progresivamente no tempo, a medida que avancen as obras.