O Concello asfalta o novo campo da festa de Tomeza

39

O concelleiro delegado da parroquia de Tomeza, Demetrio Gómez visitou esta mañá os traballos de asfaltado do campo da festa, situada a carón da rectoral e da igrexa parroquial. Trátase da segunda fase desta obra que consiste no remate da reurbanización coa calización das augas pluviais e o asfaltado.
O investimento deste proxecto achégase aos 60.000 euros e permitirá dotar á parroquia de Tomeza dun campo da festa do que carece, e tamén dun espazo de estacionamento que dará servizo a este espazo de encontro veciñal. Esta é unha petición dos veciños dende hai anos, que se verá realizada en breves datas.
O acondicionamento desta parcela comezou coa roza, derrubo da casa máis moderna, achega de xabre e explanación. Logo de pasado un tempo para que repisara o xabre, é o momento de concluír os traballos coa creación da rede de recollida de augas pluviais e asfaltado da parcela, que se está a realizar nestes momentos e concluirá na próxima semana.
Aproveitando estes traballos, abriuse un novo acceso á parcela que permitirá o estacionamento de turismos e vehículos de grandes dimensións como autobuses ou camións. Tamén se acondicionará un acceso peonil coa creación dunhas escaleiras. Este acceso fíxose pola estrada cara Valadares.
Ao tempo, e por consello técnico, acordouse tapiar o acceso á parcela polo antiguo edificio da reitoral xa que atópase en perigo de derrube. Era por aquí por onde estaba previsto o acceso peonil, que agora se traslada ao outro punto.
Una das prioridades do Concello neste mandato é o acondicionamento dos espazos nos lugares centrais das parroquia, aqueles que soen ser de reunión e encontro dos veciños, como pode ser este caso na parroquia de Tomeza.