Obras de sostemento do espazo público na rúa Pinal de León, en Estribela

62

O Concello de Pontevedra iniciará mañá traballos de sostemento do espazo público na rúa Pinal de León, en Estribela. Son traballos de canalizacións das augas pluviais realizadas polas brigadas municipais que obrigarán a pechar a rúa.
A Policía Local garante o acceso aos dous únicos garaxes da rúa, pero solicita a colaboración dos veciños durante o tempo que duren as obras (se estima que poden rematar nunha mañá), dado que non se autorizará a circulación pola rúa e tampouco o estacionamento, como é habitual na zona.
No caso de que o tempo non acompañe para realizar estes traballos, trasladaranse para a mañá do luns.