Volve a programación de Medio Ambiente cun anelamento de aves na Xunqueira de Alba

55

Chegado o outono, a Concellaría de Medio Ambiente Natural remota as súas actividades do programa Sínte Pontevedra que pretende coñecer a riqueza natural do concello e da nosa contorna. A actividade programada para este sábado, 28 de setembro, é un anelamento de aves na Xunqueira da Gándara.
Trátase dunha actividade teórico-práctica sobre o anelamento científico de aves silvestres, a relación das aves co medio no que viven e diferentes tipos de hábitats no Enil Xunqueira de Alba en Pontevedra.
As persoas que participen nesta actividade poderán ver como se realiza un anelamento científico de aves silvestres, dende os métodos de captura ata a toma de datos e posterior posta en liberdade.
A Concellaría oferta 25 prazas cunha inscrición de balde pero é preciso inscribirse nas oficinas municipais de Medio Ambiente Natural, situadas na rúa Churruchaos, ou ben chamando ao número 986 80 43 00 ext 7584 ou no correo electrónico medionatural@pontevedra.eu
A saída está prevista para este sábado, 28 de setembro, ás 08.30 horas na Xunqueira de Alba xunto ao cartel do medio da xunqueira. No caso de chuvias abundantes a actividade aprazarase para outra xornada.