ANUNCIO DOS DECRETOS DE APROBACIÓN DEFINITIVA DO 2º PAGO CORRESPONDENTE AO LIBRAMENTO DO 20%, TRAS A COMPROBACIÓN DO BO ESTADO 2 ANOS DESPOIS DO REMATE DA INTERVENCIÓN INICIAL, DA AXUDA CONCEDIDA Á COMUNIDADE DE MONTES VECIÑAIS EN MAN COMÚN DA PARROQUIA DE SANTA MARÍA DE XEVE, AO ABEIRO DA CONVOCATORIA PÚBLICA DE SUBVENCIÓNS AOS PROXECTOS DE OBRAS FORESTAIS DESTINADOS Á PREVENCIÓN E Á DEFENSA DOS INCENDIOS FORESTAIS NO ANO 2007. PLAN MONTE VIVO.

70

Por Decreto do Concelleiro da Área de Facenda e Medio Ambiente de data 09/09/2013, prestábase aprobación definitiva ao 2º pago correspondente ao libramento do 20% tras a comprobación do bo estado 2 anos despois do remate da intervención inicial da axuda concedida á Comunidade de Montes Veciñais en Man Común da parroquia de Santa María de Xeve, ao abeiro da convocatoria pública de subvencións aos proxectos de obra forestal destinados á prevención e defensa dos incendios forestais no ano 2007. Plan Monte Vivo, ordenando o seus pago a favor do solicitante da subvención.

 

Asemade, dispoñíase que unha vez rematada a tramitación do expediente de solicitude de subvención, a concesión da subvención publicarase no taboleiro de anuncios do concello de Pontevedra, agás para aquelas para as que o seu outorgamento e contía individual sexa superior a 3.000 € que se publicarán no BOP ao abeiro do estabelecido no artigo 19 das Bases.

 

eN virtude do exposto faise pública a concesión de subvención á seguinte comunidades veciñal:

 

NOME

IMPORTE SUBVENCIÓN

CMVMC SANTA MARÍA DE XEVE

54.194,80 €

 

Contra a precedente acto administrativo, que esgota a vía administrativa, o interesado poderá interpoñer ben o RECURSO POTESTATIVO DE REPOSICIÓN perante o mesmo órgano que a ditou e no prazo dun mes a contar desde o día seguinte á da súa notificación, ao abeiro do establecido no art. 116.1 da Lei 30/92, de 26 de novembro, do Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, segundo a redacción dada pola Lei 4/99, pola que se modifica a primeira, ou ben directamente o RECURSO CONTENCIOSO ADMINISTRATIVO perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra no prazo de DOUS MESES, contados a partir do día seguinte á da súa notificación, consonte ao disposto nos artigos 8.1 e 46.1 da Lei 29/98, de 13 de xullo, Reguladora da Xurisdición Contencioso-Administrativa.

De interpoñerse o recurso potestativo de reposición, este deberá ser resolto e notificado no prazo dun mes segundo se establece no art. 117.2 da citada Lei 30/92, modificada pola Lei 4/99, entendéndose desestimado o recurso de reposición polo transcurso do mencionado prazo sen resolución expresa notificada, de conformidade có establecido no art. 43.2 da Lei 30/92, modificada pola Lei 4/99, podendo entón o interesado interpoñer recurso contencioso-administrativo dentro do prazo de SEIS MESES contados desde o día seguinte a aquel no que deba entenderse presuntamente desestimado o recurso de reposición interposto, consonte ao establecido no art. 46.1) e 4) da Lei 29/98, Reguladora da Xurisdición Contenciosa-Administrativa.

No entanto, o interesado tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que estime procedente consonte a dereito.

 

Pontevedra, 23 de setembro de 2013

 

O CONCELLEIRO RESPONSABLE

DE MONTES E PARQUES FORESTAIS

 

 

 

Asdo.: Demetrio Gómez Xunqueira