Viaxe de coñemento patrimonial á cidade de Braga

73

A Concellaría de Patrimonio Histórico inicia mañá o programa de actividades de outono cunha viaxe a Braga e aos seus arredores. Nesta visita participarán representantes de asociacións culturais, veciñais e de centros educativos.
O obxectivo da viaxe é coñecer experiencias e iniciativas relacionadas coa conservación e promoción do patrimonio cultural que poidan servir como referencia para o Concello e para as entidades interesadas.
Na viaxe farase unha visita ao Itinerario arqueolóxico urbano de Braga (Fonte do Ídolo, Termas romanas, Museo Regional de Arqueoloxía) acompañados por guías locais; ao Centro de Interpretación do carballo de Calvos en Póvoa de Lanhoso; e á Área de Paisaxe Protexida das Lagoas de Bertiandos en Ponte de Lima.
O Centro Ambiental da Póvoa de Lanhoso está localizado na parroquia de Calvos, terra natal de Gonçalo Sampaio (ilustre botánico e etnógrafo) a cerca de 3 km do centro da Vila da Póvoa de Lanhoso. Constitue un punto de referencia de educación e sensibilización ambiental proxectado para todas as idades. Ademais do centro, pódese gozar dos seus arredores de 31.000 metros cadrados adicados á agricultura ecolóxica, equipado cun xardín orgánico espazo para plantas aromáticas e medicinais. No exterior tamén está o maxestuoso Carvalho de Calvos, duns 100 anos e tamaño inusual, clasificado como árbore de interese público no ano 1997.
A Área de Paisagem Protegida das Lagoas de Bertiandos e S. Pedro de Arcos. Cunha área total de 350 hectáreas, encaixadas nun ambiente deslumbrante polas máis diversas especies de vexetación, pastos naturais e zonas de leiras, as LBSPA son o espello da elegancia e a frescura que só a agua consegue transmitir.
Dispón dun Centro de Interpretación Ambiental que é o punto de partida ideal para o quen quere saber todo sobre as principais características e valores desta área protexida e zona húmida de importancia internacional.
Ofrece unha granxa pedagóxica con núcleos de producción animal e vexetal, un parque florestal e piscinas ao aire libre. Dipondo de varios recursos – da Lagoa, das Tapadas, do Rio, das Veigas, da Água e do Rio Lima – e rutas – Solar, do Cruzeiro e da Azenha – que poden ser exploradas a pe ou en bicicleta, o difícil é escoller.