A exposición sobre Vidal Bolaño chega ao CEIP Campolongo

55

A Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra dispón de xeito temporal da exposición sobre Roberto Vidal Bolaño, creada e cedida polo Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do CIFP Carlos Oroza.
A mostra, que estará exposta no CEIP Campolongo do 2 ao 16 de outubro, está composta por 10 paneis de cartón-pluma de 50×70 cm, nos que se fai un percorrido polos eventos biográficos e literarios máis importantes de Vidal Bolaño.
Aqueles centros de ensino, asociacións ou outras entidades interesadas en dispoñer desta exposición poden solicitala no:

Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra
Rúa dos Churruchaos, 2-1º andar. 36071, Pontevedra
Teléfono: 986 863 157/ Fax: 986 851 800
snl@pontevedra.eu