Lugar: Carpa itinerante da Obra Social Fundación “La Caixa”, instalada na Praza de España.
Unha auténtica volta ao pasado na que o visitante poderá observar de que xeito os homes e mulleres decidiron emprender unha nova aventura cara á vida sedentaria.
Nesta exposición móstranse as formas artísticas, económicas, tecnolóxicas, culturais e rituais das primeiras comunidades neolíticas. Abránguese un período de entre 13.000 e 5.000 anos, dende os últimos cazadores ata as primeiras sociedades urbanas.
A través dun conxunto de materiais representativos que aparecen na exposición, como vasos cerámicos, ferramentas de pedra tallada e pulida, ilustracións de poboados, escenografías de covas e casas ou esculturas humanas e animais; desvelaranse os fitos culturais que marcaron o camiño cara á civilización: a agricultura, a gandaría, a cerámica e a escritura. A aparición destes avances supuxo un cambio decisivo na evolución cultural do ser humano que pasou de ser nómade a sedentario.