O 8 de outubro comezarán as obras de Benito Corbal con Sagasta

56

O Concelleiro delegado da área urbana, Luís Bará reúnese esta tarde, a partir das 20.00 horas, cos veciños e comerciantes da rúa Benito Corbal para informarlles da próxima peonalización da rúa. Na reunión, que se celebrará no colexio Álvarez Limeses, explicaráselles que a obra comezará polo cruce de Benito Corbal con Sagasta o vindeiro 8 de outubro, o que obrigará a pechar o tráfico definitivamente na rúa a partir desa data. Até o de agora realizáronse traballos previos en rúas da contorna (Castelao, Gruz Gallástegui e Blanco Porto) que se desenvolven a bo ritmo.
Esta é a previsión coa que traballa a empresa adxudicataria logo de dos acordos acadados cos técnicos municipais e a Policía Local. Dende ese momento invertiranse os sentidos de circulación nas rúas Castelao e Cruz Gallástegui, como se mencionou en meses anteriores.
O concelleiro informará aos veciños e comerciantes do desenvolvemento da obra, de que se autorizará o paso a residentes, carga e descarga, urxencias e demais servizos; así de como quedarán os novos sentidos de circulación, a situación da parada de taxis, e outros pormenores derivados da peonalización de Benito Corbal.