Saída nocturna pola Xunqueira de mans do programa Sinte Pontevedra

81

A Concellaría de Parques e Xardíns continúa mañá coa programación de outono Sínte Pontevedra cunha saída nocturna pola Xunqueira.
Trátase dunha actividade didáctica para coñecer a fauna nocturna presente neste espazo natural. Tanto invertebrados, como anfibios e aves rapaces.
A Concellaría oferta 25 prazas para esta visita para a que é inprescindible inscribirse no teléfono 986 100 185.