Tramítase ampliar o centro cívico de Lusquiños, en Tomeza

67

O Consello Parroquial de Tomeza coñeceu onte a primeira proposta de reforma  interior do Centro Cívico de Lusquiños, que se ubica nun edificio do que na  actualidade só se utiliza unha pequena aula. 
A proposta, realizada por técnicos municipais, está someténdose á consideración  de todos os colectivos da parroquia, representados no Consello, que expoñerán as súas observacións para elevalo a definitivo e posteriormente convertilo en  proxecto de execución. Será o momento de fixar o orzamento da obra. 
Esta actuación que ve iniciados os seus trámites parte dunha proposta do propio  Consello Parroquial, asumida polo Concello a través do programa Pontevedra  Participa, e está impulsada polo concelleiro encargado dese territorio, Demetrio  Gómez Xunqueira.

Ver documento PDF