As persoas interesadas en obter posto de venda no tradicional mercado de flores da praza da Ferrería con motivo das festividades de Todos os Santos e Defuntos deben presentar a súa solicitude a partir de mañá mércores, día 9, e ata o 28 deste mes de outubro.
A concelleira de Promoción Económica, Carlota Román, vén de asinar a resolución pola que se abre este período. Os/as interesados/as deben presentar as solicitudes nas oficinas do servizo municipal, sito na Casa da Luz, praza da Verdura. Alí poden tamén retirar a documentación necesaria en horario de 9.30 a 14.00 horas, de luns a venres. Máis información no teléfono 986 84 85 52.
O mercado de flores celebrarase, como todos os anos, na praza da Ferrería durante as xornadas festivas do Día de Tódolos Santos, 31 de outubro, e de Defuntos, 1 de novembro.