Anelamento de aves na Xunqueira da Gándara

81

A Concellaría de Parques retoma mañá o anelamento de aves na Xunqueira da Gándara, incluído dentro do programa Sinte Pontevedra. Este anelamento coincide do Día internacional das aves.
A saída está prevista para as 09.30 horas, dende o cartel do medio da xunqueira.
O anelamento é unha actividade teórico-práctica sobre o anelamento científico de aves silvestres, a relación das aves co medio no que viven e diferentes tipos de hábitats no Enil Xunqueira de Alba en Pontevedra.
As persoas que participen nesta actividade poderán ver como se realiza un anelamento científico de aves silvestres, dende os métodos de captura ata a toma de datos e posterior posta en liberdade.