O Concello esixe a Fomento a inmediata resolución dos problemas das obras do AVE

63

O Concello de Pontevedra enviou a pasada semana un escrito dirixido á ministra de Fomento, Ana Pastor reclamando a inmediata reparación das ducias de desperfectos detectados no concello polas obras do Tren de Alta Velocidade ao seu paso por Pontevedra. Son desperfectos rexistrados tanto na zona urbana como no rural, segundo explicou o concelleiro de Infraestruturas César Mosquera.

O concelleiro explicou que inicialmente o Concello, a empresa e Adif mantiñan contactos para ir resolvendo os problemas (grandes ou pequenos) que ían producindo estas obras na cidade. Pero hai uns seis meses a interlocución acabouse, e se lle informou ao Concello que todas as negociacións tiñan que se plantexadas ao Ministerio de Fomento por escrito.

Ante esta decisión, que foi acollida por sorpresa no Concello e incluso polos veciños que até o de agora resolvían problemas puntuais coa propia empresa, obrigou a enviar este escrito dirixido á ministra para que se resolva a situación. Neste escrito tamén se adxuntaban algunhas das queixas dos veciños que foron chegando ao Concello nas últimas semanas.

Mosquera informou que "falaremos até a extenuación, pero non nos temblará o pulso se temos que adoptar outras medidas".

Ver documento PDF