Renovación de toda a iluminación pública no barrio de Monte Porreiro

61

O Concello renovará todo o alumbrado do barrio de Monte Porreiro cun investimento de 153.596,95 euros, tal e como se acordou na Xunta de Goberno desta mañá e como informou o portavoz do Goberno, Raimundo González. Trátase dun proxecto de renovación da iluminación substituíndo as luminarias actuais por tecnoloxía Led (non se cambiarán os váculos).

Son arredor de 500 luminarias no barrio de Monte Porreiro (salvo o parque do Miradoiro e tamén unha parte da rúa recentemente renovada pola Xunta de Galiza) que mellorarán a eficiencia enerxética do barrio reducindo o consumo nun 80% e tamén uniformizará o barrio dado que había iluminacións de distintas potencias (incluso había farois sen luz).