Roteiros temáticos do patrimono rural

38

Os Roteiros temáticos do patrimonio rural organizados pola Concellaría de Patrimonio Histórico son os seguintes:

• Sábado 12 de outubro. Salcedo: roteiro das mouras: Saída do Castro das Croas-O Birrete (Salcedo) ás 10 horas. Coordinación e guía: Rafa Quintía, Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA). Distancia aproximada: 6 km. Puntos de interese: castro das Croas, muiños do Batán, A Esculca, Outeiro das mouras, muiños do Outeiro. En colaboración con Comunidade de Montes de Salcedo e Asociación Veciñal Heroes do Campo da Porta.
• Sábado 19  de outubro. Tomeza e Marcón: roteiro dos miradoiros. Saída da Escola de Lusquiños (Tomeza) ás 10 h. Coordenación e guías: veciños das dúas parroquias. Distancia aproximada: 10 km. Puntos de interese: Casa-Pazo de Lusquiños, castro de San Cibrán, Covas dos canteiros, Os Canleiros, A Fracha. En colaboración con Asociación Cultural San Cibrán de Tomeza e Asociación Cultural de Pintos (Marcón).
• Sábado 26  de outubro. Ponte Sampaio: roteiro das pontes e dos camiños históricos. Saída da ponte medieval de Ponte Sampaio ás 10 horas. Coordenación e guía: Alberte Reboreda. Distancia aproximada: 8 km. Puntos de interese: ponte medieval, Illa da Insuiña, Vía XIX e Camiño portugués, Monte do Castro. En colaboración con asociacións veciñais e culturais da parroquia.
• Sábado 2 de novembro. Lérez: roteiro da auga. Saída do mosteiro de Lérez ás 10 h. Coordenación e guía: Asociación Cedofeita. Distancia aproximada: 6 km. Puntos de interese: Arqueta e Cano do cura (acueducto para o mosteiro), lavadoiro de Remiseiro, pozos de regar do Cabaleiro, depuradora de Couso, depósito do Cimbelo. En colaboración con Asociación Sociocultural Cedofeita de Lérez
Asistencia libre e gratuíta, non é necesaria inscrición previa.
Para os asistentes que vaian desde a cidade de Pontevedra, establécese como punto de encontro o estacionamento situado diante da Estación de Autobuses, media hora antes do comezo de cada actividade, é dicir, ás 9.30 h.
Quen o desexe pode ir directamente ao punto de saída de cada roteiro ás 10 h.
Os roteiros teñen dificultade media-baixa, a duración estimada é de 3 horas; no caso do roteiro de Tomeza e Marcón pode ser de 4 horas.
Deberase levarse roupa e calzado axeitado para percorridos por camiños rurais, estradas e monte.