Ultimatun á Fomento para reparar os desperfectos do AVE antes do luns

32

Logo de dez días, o Concello de Pontevedra enviou esta mañá unha carta urxente dirixida á ministra de Fomento, Ana Pastor para que repoña de inmediato os desperfectos ocasionados polas obras do AVE ao seu paso polo concello. Así o anunciou o concelleiro de Infraestruturas, César Mosquera quen explicou que hoxe se sucederon dous feitos que desencadenaron esta urxencia:

  • Fomento pediu unha prórroga de tres meses máis nas obras da zona da Seca pechando viais de acceso ao barrio. Ao pedirlles unha reunión para abordar esta petición, a contestación da empresa foi que non podían trasladar información ao Concello, salvo por escrito e a través de Fomento.
  • Na rúa Holanda, que está todo o servizo eléctrico público afundido, as brigadas municipais que acudiron ao lugar para reparar este dano causado polas obras do AVE, pero no atoparon interlocutor para que a empresa retire todos os acopios que impiden a reparación.

Ante esta situación, o Concello acordou enviar esta carta con urxencia para que no prazo máximo o luns se reparen os problemas causados, cando menos aqueles que se poden reparar en cuestión de horas, e se teña unha actitude máis constructiva sobre a reparación dos desperfectos abrindo novas vías de diágolo, ou o Concello adoptará novas medidas como impedir o paso de camións polo centro urbano e vías do rural, impedir os acopios na vía pública… e incluso, solicitar unha fianza por todos os danos causados até o de agora para desbloquear as medidas que o Concello está disposto a pór en marcha.

Segundo as estimacións municipais, os desperfectos causados polo AVE até o de agora rondan os catro millóns de euros.

Ver documento PDF