O CITA abre as súas portas aos escolares

31

Coincidindo coa exposición sobre o Neolítico organizada por La Caixa, a Concellaría de Patrimonio Cultural do Concello de Pontevedra propón a posibilidade de organizar visitas de centros escolares ao CITA, para coñecer de xeito práctico e ameno as orixes da cidade e a súa evolución desde a época romana até os comezos da era moderna.
De feito, xa están concertadas visitas de centros de ensino. Serán arredor de 10 grupos e uns 360 escolares.
Na xornada de hoxe, visitou o CITA o CEIP Quintela de Moaña (39 alumnos). Mañá, martes 15 de outubro, será o CEIP Lourido de Poio, que visitará o CITA entre as 10 e as 12 horas (uns 50 alumnos). O xoves, 17 será o IES Torrente Ballester con 30 alumnos, de 13 a 14 horas.
Con carácter xeral, os horarios de visita son de mércores a domingo de 11 a 14, e venres e sábado tarde de 18 a 21 horas. As visitas son ás horas en punto.
Para facer a reserva pódese chamar ao teléfono 986 090 677 (só está operativo no horario de apertura) ou escribir ao correo CITA.pontevedra@gmail.com deixando os datos do centro, teléfono e persoa de contacto, día e hora solicitada para a visita e número de persoas que forman o grupo incluindo os adultos acompañantes.