Campaña de esterilización de gatos en distintas colonias da cidade

76

A Concellaría de Sanidade Animal, que dirixe Miguel Filgueira, en colaboración coas asociacións Palleiros e Difusión felina, así como de voluntarios, iniciou nestas semanas unha campaña de esterilización de gatos, en distintos puntos da cidade.
O método de traballo é abordar colonia a colonia co obxectivo de poder rematar o ano cuns 100 gatos abandonados esterilizados. Aínda que os fondos dos que dispón a Concellaría para este tipo de programa son limitados, o concelleiro Miguel Filgueira xa adiantou que comezan a verse os primeiros resultados da campaña, ao notarse a contención da natalidade nas colonias nas que se está a actuar.
Aínda que comezouse a programar na primavera, os traballos máis importantes de esterilización estanse a desenvolver nestes últimos meses do ano, e terá continuidade en 2014.
A pesar da campaña, a Concellaría volve chamar á concienciación cidadá para evitar o abandono dos animais, e de adoptar as medidas que sexan precisas para controlar as camadas.