Comezan as charlas para que os mozos fagan propostas de actividades para Noites Abertas

45

Durante esta semana e a próxima, o concelleiro de Xuventude, Demetrio Gómez e o persoal municipal que coordina o programa Noites Abertas, visitarán os distintos institutos de secundaria da cidade para animar ao alumnado maior de 16 anos, a presentar propostas de actividades.
O mércores 16, ás 11.15h, celebrarase a xuntanza informativa no IES Xunqueira II, para unhas 240 persoas.
O xoves 17 ás 10.10h. e ás 18h. no IES Martín Sarmiento, para un total de 600 alumnos. 
O xoves 17 ás 12h. no IES Carlos Oroza para un grupo de 80 alumnos/as.
O venres 18 ás 9h. no IES Xunqueira I para uns 50 alumnos/as.
O luns 21 no IES Carlos Oroza ás 18h. para outro grupo de 80 persoas.
O mércores 23 no IES Luís Seoane ás 14h.
Continuarase na visita doutros centros educativos co fin de dar a coñecer aos mozos a maneira de participar no deseño de actividades de Noites Abertos. Este procedemento é máis laborioso e alonga no tempo o período de preparación do programa, pero permite adaptar as actividades aos intereses, gustos e demandas reais da xente nova.
O prazo para presentar propostas está aberto ata o 31 de outubro e deberán ser entregadas na Oficina de Xuventude do Concello de Pontevedra. Para a elaboración de proxectos e propostas existen modelos e formularios que facilitan esta labor e que se poden solicitar nesta oficina ou descargar da súa web  http://xuventude.pontevedra.eu
Ofrécese tamén dende Xuventude asesoramento e apoio na elaboración de propostas.