Natureza nos camiños propón coñecer o Salcedo de Castelao

47

Salcedo e Castelao serán o obxecto da segunda saída do programa Natureza nos camiños que a Concellaría de Parques e Xardíns, que dirixe Anxos Riveiro, puxo en marcha neste outono.
Trátase dun percorrido duns 8,3 quilómetros, cunha dificultade media-alta. Baixo o título “Meu Pontevedra. Salcedo e Castelao”, está prevista a capela de San Brais, Matalobos, O Penedos, petrógilfos do Mato das Cruces e o penedo do Vilar de Matos. A Misión Biolóxica, baixada cara Codesal, o río dos Gafos, a ponte do Couto e finalizar o percorrido na Alameda.
Todos os percorridos deste programa serán os domingos á mañá, a partir das 10.00 horas dende a praza de España, con regreso ás 14.00 horas para aqueles que sexan dunha mañá; e ás 18.00 horas para os que sexan de día completo.
O fío condutor do programa deste ano serán os liques, fentos e brións, aínda que non faltarán as referencias a outros elementos da fauna e da flora dos bosques e doutros espazos naturais que se van visitar, xunto á interpretación de elementos da nosa historia, da literatura e da etnografía galegas.
Este ano combínanse as rutas que máis gustaron en edicións anteriores, con certas modificacións, xunto con novos percorridos por espazos practicamente descoñecidos para o gran público.
O resto das rutas serán:
• As fontes e as augas de Xeve (12 km. aprox. Dificultade media);
• A fraga de Aboal, nos concellos de Pazos de Borbén e Mondariz
• (9 km. aprox. Dificultade media-alta);
• Tras as pegadas do raposo e do lobo no Monte Tomba (7,7 km.
• aprox. Dificultade media-alta);
• Ermelo: A estela de Diego Xelmírez (7,4 km. aprox. Dificultade
• media-alta);
• Fragas do Eume, a última gran carballeira litoral do Atlántico.